Fotografías da rodaxe de «Aine»

Atopamos e dixitalizamos estas fotografías da rodaxe da curtametraxe «Aine» nunha das súas localizacións en Padróns na provincia de Pontevedra. Todo un documento con Javier Bar (Guionista da curta e operando a cámara e a fotografía), José Luis González (na producción, axudando técnicamente a Javi, e facendo mais tarde algún cameo como «Santa compaña») todo ás ordenes e acompañados de Iván Carrera (Director da curta)…

aine_rodaxe_01

aine_rodaxe_02

Nesta obra, cara ao ano 2000, estreabamos novos formatos de rexistro da imaxe ( en formato dixital !) ademáis da complexidade desta producción por mor da posta en escea e da loxística das distintas localizacións.

Fanzine nº1 xullo 2000

Vimos de dixitalizar este Fanaxa nº1 de xullo do ano 2000 (en realidade o nº2 despois do nº cero). Nel participaron distintos compañeiros do Colectivo, amigos e outros colaboradores. Víñase a distribuir, como daquela outros fanzines, persoalmente por locais e asociacións, puntos e zonas de saídas e quedadas de fin de semana….

Podes consultalo dende o menú principal «Fanzine» ou con este enlace que te redirixe á mesma sección: Fanzine

fanzine_20000701_portada_bj

Iª Mostra de Curtametraxes e Fotografía Submariña

mostra_curtametraxes_portada_diptico_outubro_1999_bj

“Iª Mostra de Curtametraxes” da asociación presentou os títulos «Eu» dirixida por José A. Rodiño e «Hola» de Manuel L. Parada, complementándose coa “Mostra-Coloquio de Fotografía Submariña” da fotógrafa especializada e tamén socia do colectivo, Beatríz Barral Rodríguez. Tivo lugar no Centro Cultural Caixavigo o 21 de outubro de 1999 e contou para a súa realización coa colaboración de distintas entidades, dende o propio Centro Cultural CaixaVigo, Cultura do Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, o Cine Clube Lumière e a Forga.

Pódese descargar dende a propia imaxe o díptico completo con máis información sobre os contidos e os séus autores, así como o programa de outubro do centro cultural. Tamén podes dispoñer deles nos seguintes enlaces ao drive: Díptico da Iª Mostra de Curtametraxes , Programa de outubro 1999 do Centro Cultural CaixaVigo.

IIª Edición Concurso Fotográfico (bases)

Engadimos parte dos contidos dunha das actividades máis relevantes que tivo a Asociación xuvenil Audiovisual, o «Concurso fotográfico». A súa IIª edición contou con colaboradores e entidades como Alvix (empresa de Fotografía Dixital Profesional), Forga, Concello de Vigo e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia. Tanto na promoción como na comunicación do evento xerouse variado material gráfico e promocional gracias ao éxito da súa primeira edición e da cantidade de obras inscritas…de tal xeito, foi de agradecer o excepcional espacio que facilitou o Concello de Vigo na Sala Peiraos na Praza da Constitución para que tivera lugar de outubro a novembro de 1999 a exposición das obras fotografías do concurso.

portada_diptico_bases_concurso_fotografico_segunda_edicion_ext_bj
Bases da IIª Edición do Concurso Fotográfico da Asociación xuvenil Audiovisual
flyer_II_exposición_concurso_foptografía_asociacion_xuvenil_audiovisual_bj
Invitación promocional con la colaboración del Concello de Vigo, de la Exposición de las obras fotográficas en 1999 del IIº Concurso Fotográfico organizado por la Asociación xuvenil Audiovisual

Pódense descargar dende as propias imaxes o díptico completo coa información e as bases, así como o flyer promocional da exposición do concurso. Tamén podes dispoñer deles nos seguintes enlaces ao drive: Díptico das Bases do IIº Concurso Fotográfico , Flyer da Exposición do IIº Concurso Fotográfico.

 

Iª Mostra Vigo Imaxe en Movemento

Nestas interesantes xornadas, daquela no Centro Cultural Caixavigo coa colaboración da Concellería de Cultura Educación e Muller do Concello de Vigo, nas que se celebraron conxuntamente do 17 ao 19 de marzo de 1996 a «I Mostra Vigo Imaxe en Movemento» e o «III Ciclo de VideoCreadoras» Animado por Mulleres, a Asociación Xuvenil Audiovisual tivo o honor de que se lle permitise presentar ao auditorio un dos seus primeiros traballos, a reportaxe-documental titulado «Vigo é Vigo». Esto ocurriu o día 17 de marzo e o evento foi recollido pola prensa onde tamén fumos partícipes gráficamente.

Adxuntamos para a súa descarga o programa completo das xornadas (dende o enlace ou dende a imaxe) así como a páxina de prensa do Atlántico diario do 24 de marzo de 1996.

portada_primera_mostra_vigo_imaxe_en_movemento_bj

19960324_atlantico_px19_bj

«Vigo é Vigo». Reportaxe-documental-videoclip.

La Asociación xuvenil Audiovisual

cropped-cropped-cropped-asoc_xuv_audiovisual_logo_rgb-013  En estas páginas encontrarás distintas secciones como la de «Actividades y Eventos» en dónde informamos de las actualizaciones de contenidos que realizamos, «Dossier de Prensa» que recopila la hemeroteca y comunicación relacionada con el colectivo, «Portfolio» con fotografías e imágenes diversas, acceso a «Obras audiovisuales» es decir, nuestras producciones y sus distintos contenidos y fichas, «Fanzine» y otra mucha y variada información incluso de los socios fundadores, de los socios honorarios y de los numerarios que crearon y formaron parte de esta entidad y que como os hemos comentado ampliaremos y recopilaremos en la medida de lo posible.

equipo_asocxuvaudiovisual_caixanova_19960324
Parte del equipo de la Asociación xuvenil Audiovisual presentando el documental “Vigo é Vigo” en unas jornadas audiovisuales en el Centro Cultural CaixaVigo el 21 de marzo de 1996 (fotografía del Atlántico 24/3/1996)