Eventos · Portfolio · Colaboracións…
· Prensa



· Imaxes


· Eventos | Portfolio | Colaboracións…
· Iª Mostra de Curtametraxes e Mostra-Coloquio de Fotografía Submariña.


A “Iª Mostra de Curtametraxes” da asociación presentou os títulos «Eu» dirixida por José A. Rodiño e «Hola» de Manuel L. Parada, complementándose coa “Mostra-Coloquio de Fotografía Submariña” da fotógrafa especializada e tamén socia do colectivo, Beatríz Barral Rodríguez. Tivo lugar no Centro Cultural Caixavigo o 21 de outubro de 1999 e contou para a súa realización coa colaboración de distintas entidades, dende o propio Centro Cultural CaixaVigo, Cultura do Concello de Vigo, a Xunta de Galicia, o Cine Clube Lumière e a Forga.
Pódense descargar dende as propias imaxes o díptico completo con máis información sobre os contidos e os séus autores, así como o programa de outubro do centro cultural. Tamén podes dispoñer deles nos seguintes enlaces ao drive: Díptico da Iª Mostra de Curtametraxes , Programa de outubro 1999 do Centro Cultural CaixaVigo.
· IIª Edición Concurso de Fotografía
Engadimos parte dos contidos dunha das actividades máis relevantes que tivo a Asociación xuvenil Audiovisual, o «Concurso fotográfico». A súa IIª edición contou con colaboradores e entidades como Alvix (empresa de Fotografía Dixital Profesional), Forga, Concello de Vigo e a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia. Tanto na promoción como na comunicación do evento xerouse variado material gráfico e promocional gracias ao éxito da súa primeira edición e da cantidade de obras inscritas…de tal xeito, foi de agradecer o excepcional espacio que facilitou o Concello de Vigo na Sala Peiraos na Praza da Constitución para que tivera lugar de outubro a novembro de 1999 a exposición das obras fotografías do concurso.


Pódense descargar dende as propias imaxes o díptico completo coa información e as bases, así como o flyer promocional da exposición do concurso. Tamén podes dispoñer deles nos seguintes enlaces ao drive: Díptico das Bases do IIº Concurso Fotográfico , Flyer da Exposición do IIº Concurso Fotográfico.
Debe estar conectado para enviar un comentario.